Thursday 19 de September de 2024

O luns abre o prazo de inscrición para as actividades culturais e deportivas municipais do Concello de Camariñas


· O inicio das actividades está previsto para o 1 de outubro, agás Relaxgym, pilates e ximnasia de mantemento que xa comezarán o 16 de setembro.

· Establécense bonificacións nas taxas, dirixidas aos perceptores de RISGA, persoas con informe de Servizos Sociais, familias numerosas ou maiores de 65 anos.

O Concello de Camariñas abrirá o luns, 16 de setembro, o prazo de inscrición para as súas actividades culturais e deportivas municipais para o curso 2024-2025. A data límite para anotarse é o luns 30 de setembro e o inicio da programación está previsto para o martes 1 de outubro.

As opcións culturais inclúen: baile, danza coreográfica, baile en parella, baile moderno, baile galego, música moderna, música tradicional, coro municipal e encaixe de Camariñas.

En canto ás deportivas, hai opcións para menores como Educación Física Concello Activo, Escola de Fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo, baile deportivo, actividades náuticas, Club Náutico de Camariñas e para adultos, Concello Activo Sénior, ioga, pilates, RelaxGim e ximnasia de mantemento.

Por outra banda, a ANPA CEIP O Areal de Camariñas e a ANPA CEIP da Ponte do Porto ofrecen diferentes actividades extraescolares para este curso, que se desenvolverán de luns a venres.

Ademais, tamén se oferta, a través dos Servizos Sociais municipais, un taller de memoria destinado a persoas maiores de 60 anos ou con diagnóstico médico que indique a necesidade do obradoiro se son menores de 60 anos, e outro de Educación de Adultos.

O Concello estableceu diferentes bonificacións nas taxas das actividades. Non pagarán: os perceptores de RISGA ou con informe favorable dos Servizos Sociais á exención, o terceiro ou máis fillos dunha familia numerosa. Os maiores de 65 anos gozaran dun 50% de bonificación nas actividades físicodeportivas.

Deja un comentario